Saltar ao contido

Lois V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís V de Francia»)
Modelo:BiografíaLois V de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis V Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento967 Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 987 Editar o valor en Wikidata (19/20 anos)
Compiègne, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de caza
caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Saint-Corneille Editar o valor en Wikidata
Monarca da Francia Occidental
2 de marzo de 986 – 21 de maio de 987
← Lotario I de FranciaHugo I de Francia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Aquitania (982–987) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdelaide-Blanche of Anjou Editar o valor en Wikidata
PaisLotario I de Francia Editar o valor en Wikidata  e Ema da Itália Editar o valor en Wikidata
IrmánsArnoul de France Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Carolingian-100

Lois V[1] ou Luís V, nado c. 967 e finado o 21 de maio de 987, chamado o Folgazán[2] (en francés, Louis le Fainéant), foi rei de Francia durante algúns meses do ano 987 antes da súa morte prematura. Fillo do rei Lotario e Emma de Italia, filla do rei Lotario II de Italia, foi o último monarca da dinastía carolinxia.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Luís foi coroado en xuño de 979 pero non tomou o poder ata a morte de Lotario no 986. Luís V foi o último rei de Francia de orixe carolinxia e reinou en Laon desde o 2 de marzo de 986 ata a súa morte, con 20 anos, no 987. Posibelmente debido a que reinou menos dun ano, os biógrafos medievais atribuíronlle o alcume de qui nihil fecit, é dicir, "o que non fixo nada".

Casou coa viúva Adelaida de Anjou en 980 en Brioude, onde os coroaron reis de Aquitania. Había unha diferenza de idade importante entre os membros da parella e non tiveron fillos. O matrimonio tivo desavinzas dende o principio,[4] a raíña separouse e o 982 fuxiu a Arles.[5]

O rei herdara unha batalla entre os reis elixidos da súa liña paterna, que fora interrompida dúas veces por membros da dinastía Capeto, e a casa do emperador do Sacro Imperio Romano, Otón I. Como defensor de Roma, Otón tiña o poder de nomear clérigos no territorio carolinxio e os que nomeaba non apoiaban aos carolinxios.

Un inimigo concreto foi Adalberon, arcebispo de Reims, a quen Otón I concedera esta poderosa arquidiocese. En tempos de Lotario, Adalberon intentou negociar unha alianza entre as dúas casas, pero o pacto fracasou e Lotario acabouno xulgando por traizón no 986 (pouco despois, Lotario morrería). Luís V herdou o trono. A viúva de Lotario, Emma, casou cun descendente de Otón I, e Luís V aceptou de novo a Adalberon.

Luís V morreu nos últimos días de maio do 987. Foi o resultado dun accidente ou, quizais, envelenado pola súa nai. No momento da súa morte, estaba a xulgar de novo a Adalberon por traizón. Non deixou ningún herdeiro lexítimo. Por iso, o seu tío Carlos, duque de Baixa Lorena, foi proposto como sucesor do trono. Non obstante, o clero, con Adalberon e Gerbert (que se había converter no papa Silvestre II), defenderon elocuentemente a candidatura de Hugo Capeto, de sangue nobre pero que amosara o que valía en accións militares. Capeto foi elixido para o trono dos francos e Adalberón coroouno (isto sucedeu nos dous meses sucesivos á morte do rei Luís V). Deste xeito rematou a dinastía carolinxia e comezaba a capetiana.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Diciopedia do século 21.
  3. Història medieval de Catalunya. Edicions Universitat Barcelona. 2005. ISBN 8447529126. 
  4. Richer :"Historiarum", libri III, Academia imperial de Reims, 1855, Reims, páx 339
  5. M Guizot:"Crónica de Raoul Gabler" en Collection des Mémoires de France, 1824,París, libro II, capítulo III, pp. 180-181,

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]